PROXECTO FINAL

Boas, chegou a hora e este é o último artigo do proxecto onde vos falarei un pouco de se conseguimos todo o que queriamos e que foi.
Comezarei polo principio, o noso obxetivo era ensinarlle ás persoas a iniciarense na galipedia e obxetivo conseguido! Bueno eu creo que para iniciarse, polo menos, o proxecto estivo moi been. Pero que fixemos para iso? Pois voume a mover respecto de tres partes, as fundamentais. PD: Se clicades nas fotos, ampliaranse.
A primeira foi o blog, o principal e primordial, por onde comezamos.  Ese era o noso pilar fundamental onde comezamos a subir titoriais sobre cousas básicas a saber e sobre o que ibamos conseguindo. En total conseguimos 13 artigos nos que creo que deixamos claro o por que do proxecto, o como comezar e todo o demais que ven despois de crear a conta ao querer editar artigos ou subir fotos. Pódese dicir que esta foi a miña parte do proxecto porque ainda que todas contribuimos no desenvolvemento deste, eu fun a que lle dediquei un maior tempo e esforzo a este, as miñas compañeiras tamén o fixeron noutras partes. A verdade é que estou moi contenta co blog e creo que seguirei contando e amosándovos cousas por alí. O blog foi como a primeira parte do proxecto porque, aínda que seguimos subindo cada semana dous artigos, despois centramosnos noutros ámbitos. Para comezar pois tivemos que crealo e poñerlle introducción. Despois para cada artigo tivémonos que documentar na galipedia para asegurarnos de que o que subíamos estaba adecuado e correcto e era así. Creo que conseguimos transmitir todo o que quixemos e que se comprende bastante ben.




A segunda parte foi a conta de instagram porque sentimos a necedidade de difundir o noso proxecto e a través de alí pedirlle á xente que nos enviase fotos dos seus lugares e así crear una galería na conta e pasalas á galipedia. Creo que aquí tamén conseguimos todo ou case todo o que queríamos porque nos gustaría que nos houbesen chegado máis fotos, que á xente as subira as súas contas e coa licencia. Eu tamén participei no envio de fotos nesta parte e pouco máis fixen. Desta parte ocupouse Patricia, a miña compañeira, e tivo que aprender a poñer unha licencia, dominio público, etc.
Outra parte, ligada á conta, foi a difusión a través dun folleto que comentaba un pouco o que queríamos e no que se mostraba información de a donde se nos podía contactar. Fíxose con gimp e non foi moi difícil, salvo porque houbo que voltar a empezar unhas dúas veces. Tamén lle creamos un logo ao proxecto coa G de galipedia e cun fondo desta mesma páxina (fondo da galipedia). Para eso empregamos gimp tamén e quedou máis ou menos o que queríamos.



                                         

A terceira parte e a máis importante foi a posta en práctica por nós mesmas do que pretendiamos conseguir. A edición e modificación de artigos. O traballo dentro da propia galipedia. Conseguimos que todos os artigos de parroquias de Coristanco tiveran foto e que todos os lugares de Coristanco tiveran artigo con un pouco de información. En isto tamén tiven eu unha maior aplicación porque tiña máis coñecementos. Tamén publicamos algunha foto e encargóusenos sacarlle unha fotografía á placa altimetríca de Coristanco e subila á galipedia, operación que superei con éxito (darlle as grazas a unha compañeira de clase que colaborou subindo fotos ao instagram  e sacando esta á placa altimétrica)
E máis duro do proxecto que foi a edición de artigos da galipedia, no que destaco a edición de Couso, a miña parroquia, que quedou moi completa para ser unha parroquia con pouca información. Dar tamén grazas ao libro Coristanco. As súas parroquias de Evaristo Domínguez Rial que nos serviu de moito nesta parte do proxecto.



 O último, que estiven facendo nestes últimos días, nesta última semana foi a concretación de todo o proxecto que se resume neste artigo. Para iso tiven que utilizar unha páxina que se chama wix e que permite crear como unhas páxinas que utilicei para meter nesas páxinas os enlaces con acceso a todas as partes do proxecto. Alí podedes entrar e mirar nas diferentes partes todo o traballo que aquí vos resumín e xa entón xuzgades por vós mesmos se fixemos un bo traballo. Na clase non se me subiu asi que tiven que volver a facela polo que non está moi traballada, ademais de que non fixera nunca ningunha.

Ficadea xa que foi un longo e duro traballo con moito esforzo, polo menos da miña parte, e co que estou moi contenta. O que vos digo aquí é un resumo xa que por exemplo non podo entrar en detalle do que digo en cada artigo do blog ou o que modifiquei en cada artigo da galipedia. Por eso vos invito a velos e así xa o comprendedes mellor.
Grazas por acompañarme neste curso e neste proxecto e moitas grazas a Tucho, o noso mestre, pola súa paciencia! E non digo ata sempre, digo ata pronto! Xa vos contarei máis deste proxecto, non pensedes que remataba aquí
😉❤

Comentarios

  1. Patricia, parabés!
    Es moi seria traballando e moi espabilada, tes capacidade de esforzo, entéraste das cousas, fas caso das indicacións e tentas entender o que fas. Todo isto, que parece doado, conségueo moi pouca xente. O proxecto quedou con algunhas lagoas, pero creo que fixeches un traballo excepcional. Animaríache a seguir participando na wikipedia pola túa conta e a comezar a levar o teu blog persoal rexistrando traballos que fagas e intereses que teñas. Creo que sería unha boa carta de presentación para ti en calquera empresa que comeces. Non moito máis que dicirche, agás que tentes seguir así, e de seguro que acadarás éxito no que te propoñas.
    Ata pronto! ;)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Comentario sobre ROMWE

PROXECTO FINAL III

FABIAN SHOW