PROXECTO FINAL III

Boas! Pois por aquí estamos outra vez e tráiovos novas cousiñas.. Comecemos a ver o que estiven a facer esta semaniña polo proxecto da galipedia.
Bueno, pois nestes tres días estiven bastante traballadora e creo que foi a semana que máis me gustou do proxecto ata agora porque estou bastante contenta con todo o que fixen e considero que foi a semana na que máis traballei.
Para empezar,  direivos que coma sempre estiven a traballar unha semana máis nos artigos de blog. Neste caso modifiquei por última vez e subín a entrada de cómo poñer citas de libros na galipedia. E ademais estiven escribindo outro novo de cómo crear páxinas desde cero na galipedia. Para este último tiven que buscar información. E a raíz del e mirando a lista que tiña feita dos artigos de Coristanco sen artigo, decidín comezar a crear páxinas desa lista. Debo de ter creadas como unhas dez ou por ahí.
A raíz desto tamen tiven que buscar información na IGE que é onde poñen as estadísticas de números de población de todolos lugares pero os que eu busquei dos sitios dos que creei páxinas non estaban e por iso empecei a investigar aínda que non atopei nada. 
  As páxinas creadas son dos lugares de O Cubo, A Fieiteira, A Pedreira, Fonte Lamela, Ponteciñas, A Costa do Carrizal, A Feira Nova, O Outeiro de Baiordo, O Porto da Presa e O Portorregueiro de Fóra.
 Pareceume interesante e estou empezando a preparar un vídeo dos pasos que sigo para crear as páxinas  e con el complementar o artigo que fixen. Espero poder telo para a semana pero como estou probando e descargando programas, ainda non sei certo  se poderei facelo  polo que iniciei outro novo artigo no blog con capturas que  estou a punto de rematar e que subirei se non podo facer o vídeo.
Como o labor de crear páxinas non era moi difícil, un dos días probei a añadirlle información e actualizar a que xa estaba a unha páxina xa creada: a de Seavia. E así o fixen. A información collina do libro Coristanco. As súas parroquias. Colaborei na campaña de Instagram nosa subindo unha foto. E agora o último  día estaba a subir esa foto de Brenlla (onde eu vivo) ao seu correspondente artigo de  galipedia pero non me deixou porque a descarguei dende onde Patricia (a compañeira que leva a campaña de Instagram) a subira despois de eu mandarlla. O día seguinte levareina nun pen drive para ver se así o consigo. E comezarei a subir as outras que nos mandaron. Sorte en todo e seguide probando e investigando. Espero que vos gustara o de esta semans porque a min encantoume e dediqueille moito esforzo!!
Grazas por todo!

Comentarios

  1. Patri, está estupendo! vese que traballaches moito e moi ben.
    Estaría ben tentar unificar un pouco máis a información, porque tedes varios blogs dispersos e iso fai que o proxecto pareza menos cohesionado. Tes algunha cousiña na redacción que se podería mellorar aínda máis. Parabéns!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Comentario sobre ROMWE

FABIAN SHOW