Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2017

PROXECTO FINAL IV

Saúdos unha semana máis! Alégrome de poder dicirvos que esta semana me estiven esforzando moito e que tiven que traballar horas na casa a parte das clases de informática no colexio. Pero non me extendo e cóntovos o que fixen. Vouvos poñer como un resumo porque realmente cada día mezclei varios traballos dos que agora vos falarei por separado. No blog tan só subín un pequeno artigo que trata sobre o que é unha placa altimétrica. Teño preparado aínda o que estaba no lugar do vídeo pero sigo con esperanzas de poder subilo para a semana. Por agora, estiven mirando aplicacións para poder grabar a pantalla. Tamén teño un artigo sorpresa que estiven preparando pero que aínda me queda a metade por facer. Xa o veredes!  Nesta semana non fixen case nada no blog pero foi porque comecei a poñer en práctica os artigos de axuda de este blog e editei e actualicei os datos dos artigos de galipedia de máis de catro lugares!  Isto non foi cousa doada xa que tiven que poñer numerosas referencias e li

PROXECTO FINAL III

Boas! Pois por aquí estamos outra vez e tráiovos novas cousiñas.. Comecemos a ver o que estiven a facer esta semaniña polo proxecto da galipedia. Bueno, pois nestes tres días estiven bastante traballadora e creo que foi a semana que máis me gustou do proxecto ata agora porque estou bastante contenta con todo o que fixen e considero que foi a semana na que máis traballei. Para empezar,  direivos que coma sempre estiven a traballar unha semana máis nos artigos de blog. Neste caso modifiquei por última vez e subín a entrada de cómo poñer citas de libros na galipedia . E ademais estiven escribindo outro novo de cómo crear páxinas desde cero na galipedia. Para este último tiven que buscar información . E a raíz del e mirando a lista que tiña feita dos artigos de Coristanco sen artigo, decidín comezar a crear páxinas desa lista. Debo de ter creadas como unhas dez ou por ahí. A raíz desto tamen tiven que buscar información na IGE que é onde poñen as estadísticas de números de població