PROXECTO FINAL II

Boas!  Estamos aquí de novo e veño para contarvos cómo vai o proxecto da galipedia. A cousa avanzou e xa temos bastantes bases por onde tirar. Vouvos a contar o que estiven a facer eu para chegar ao que agora temos.
Bueno pois a nivel de proxecto en xeral, estiven a traballar maioritariamente no blog. Subín o artigo que estaba a preparar  das ferramentas pero ao final non o fixen tan extenso porque agora prefiro dedicarlle unha entrada a cada cuestión. Desta maneira, tras subir este artigo, estiven a subir dous artigos máis. Un dos artigos permitenos ver cómo se pon unha ligazón, xa que son moi importantes na galipedia. O outro artigo é de cómo poñer citas, míradeo a ver que tal . Para facer estes artigos estiven a mirar por plantillas que hai na galipedia
Para seguir a falar do blog, a outra cousa que estiven a facer foi coller a información que tiña de cómo subir fotos e revisala. Mediante esta ligazón que puxen na palabra "información" poderedes ver un vídeo que foi o que eu vin para saber cómo subir imaxes a galipedia, está moi ben explicado.
 Empecei a escribir un artigo de cómo se subían as fotos e as formas que había para facelo pero non se comprendía ben polo que eu e as miñas compañeiras decidimos comezar a preparar un video para a semana que entra de cómo facer para subir fotos á galipedia.
Por outra parte, estiven a traballar coas fotos que nos chegaron á nosa conta de instagram para buscar información delas e subilas con un artigo na galipedia. Temos unha foto de Verdes, unha da lagoa de Fontecova en Cuns e unha do Vilar. A infomación busqueina nun libro que teño que mencionarei máis abaixo.
 Tamén estiven retomando un traballo pasado para mirar qué lugares de Coristanco están sen artigo.
Estiven a traballar moito neste artigo. Para facelo, fun mirando artigos da galipedia dos lugares coristanqueses e copiando as url unha por unha. Finalmente, quedou feito un listado con tódolos lugares de Coristanco que polo momento están sen artigo. Botádelle un ollo por se vos animades a crear algún  :)    
Onte empecei a recopilar información sobre algúns destes en libros que teño sobre Coristanco. Un deles é "Coristanco. As súas parroquias".  Pronto, empezarei a pasar esa información a artigos da galipedia.
 E iso foi o que estiven a facer mentres que Paula se ocupou de elaborar un logo para o blog e Patri seguiu co blog. Ademais, xuntas fixeron un folleto para difundir o proxecto polo noso insti.
Ata pronto!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Comentario sobre ROMWE

PROXECTO FINAL III

FABIAN SHOW