PROXECTO FINAL

Estamos a facer un proxecto final para a nosa clase de informática e eu e máis outras dúas compañeiras decidimos traballar coa galipedia. Queremos axudarlle e darlle consellos ás persoas que se están iniciando na galipedia. Para iso, creamos un blog onde imos subindo varios artigos coas explicacións necesarias para adentrarse no mundo da galipedia. Ao mesmo tempo estamos a levar unha campaña de galipedia co obxetivo de conseguir que a voz chegue a un maior número de personas. Esta campaña estase a levar nunha conta de Instagram co nome de @galicoris. Tamén pretendemos con ela conseguir que a xente suba fotos dos seus lugares para subir despois á galipedia.
  Na galipedia eu son a que ten uns coñecementos maiores polo que me estou encargando dos artigos do blog destinados á comprensión da utilización de ferramentas,  crear contas na galipedia e demais cousas a ver co tema.
Por agora publiquei un artigo cunhas advertencias a ter en conta antes de usar a galipedia, cómo crear unha conta e agora mesmo estou a traballar nun para saber utilizar ferramentas básicas na galipedia pero este é un pouco máis extenso e quero que todo quede moi claro antes de que as persoas comecen a modificar artigos de calquera maneira. Estou a poñer ferramentas para a modificación de artigos e cómo subir fotos,  as posiblidades que hai de facelo se eres usuario recente.. Todo isto foi o que fixen para o blog.
  Estes días estiven a indagar pola galipedia para saber mais cousas e poder ensinalas. Comprendín mellor o que deben ter todos os artigos,  cómo poñer mellor as citas, donde e cando pór as ligazóns.. Tamén estiven a mirar a estrutura de artigos destacados para ver cómo se constrúen. Ademais de todo isto, intereseime por mirar cousas das que podo ter algún colecemento para ver se teñen artigo como poden ser os grupos de música e teño como borrador un breve artigo no que vou poñendo os textos que poden crear ou colaborar, dos que estan sen artigo ou dos que teñen unha escasa información. Pero antes,  debo publicar o de cales son as ferramentas básicas a coñecer para despois ao subir este xa se sepa andar pola galipedia.
  En canto a campaña estiven a ver como podiamos facer para pedirlles ás persoas que subiran as fotos dos seus lugares,  cómo debían de facelo e cómo despois nós as podiamos subir á galipedia.
  Esto foi o que ampliei os meus coñecementos e a búsqueda que fixen e  tamén o que colaborei na campaña de instagram.
  Evidentemente, estou a mirar en que artigos podo colaborar eu para expandir a información e prepararei algún titorial para que se sepa cómo vou facendo.
  Por último estiven pensando en estender a campaña a máis redes sociais pero aínda debo falalo coas compañeiras, así como a idea de crearlle un logo ao proxecto, que xa estiven pensando ou crear tripticos ou folletos con toda a información do proxecto.
Anuncieilles aos meus contactos,  como sei que tamen fixeron as miñas compañeiras, o nome do blog e da conta de instagram.
  Como podedes ver,  estou moi emocionada con este proxecto porque para min é máis  ca iso, espero que colaboredes e vos guste. Pronto teredes novas deste proxecto!😀

Comentarios

  1. A ligazón ao blog está mal, creo que puxéchedes a do voso panel de control, non o enderezo público do blog.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Comentario sobre ROMWE

PROXECTO FINAL III

FABIAN SHOW