PROXECTO FINAL IV

Saúdos unha semana máis! Alégrome de poder dicirvos que esta semana me estiven esforzando moito e que tiven que traballar horas na casa a parte das clases de informática no colexio. Pero non me extendo e cóntovos o que fixen. Vouvos poñer como un resumo porque realmente cada día mezclei varios traballos dos que agora vos falarei por separado.
No blog tan só subín un pequeno artigo que trata sobre o que é unha placa altimétrica. Teño preparado aínda o que estaba no lugar do vídeo pero sigo con esperanzas de poder subilo para a semana. Por agora, estiven mirando aplicacións para poder grabar a pantalla. Tamén teño un artigo sorpresa que estiven preparando pero que aínda me queda a metade por facer. Xa o veredes! 
Nesta semana non fixen case nada no blog pero foi porque comecei a poñer en práctica os artigos de axuda de este blog e editei e actualicei os datos dos artigos de galipedia de máis de catro lugares!  Isto non foi cousa doada xa que tiven que poñer numerosas referencias e ligazóns e demais para que estiveran ben. Os artigos que editei foron os de Seavia, Ferreira, Segufe e Oca e tamén actualicei os xa mencionados e outros poucos máis pero destes últimos solo actualicei datos. Nunha ocasión olvideime de publicar os cambios e tiven que volver a comezar de novo! Así que xa sabedes, publicar sempre os cambios...
Por último, xa que o da modificación e actualización dos artigos me levou como dous ou tres días, acabei de crear todas as páxinas de Coristanco  e subínlle unha pequena información a cada unha. Non puiden actualizar os datos polo que vos comentara doutra vez pero aínda así estou moi contenta!
Xa se me olvidaba, a parte de facer o artgo sobre a placa altimética tamén a tentei subir á galipedia pero non o conseguín do todo. Xa me puxen en contacto con Elisardojm, un colaborar da galipedia para ver se me podía axudar porque por máis que busquei información, non atopei nada!
Como podedes ver,  traballei moito e non bastou coas horas de clase senón que tiven que dedicarlle un maior esforzo!
Ata a semana! E grazas polas 90 e pico visualizacións da anterior entrada do blog, animádesvos nesta?

Comentarios

  1. Patri... placa ALTIMÉTRICA!! (>_<)
    A ligazón ao artigo que comentas non vai...
    Escribiches o artigo desde o móbil? Algún dos artigos que ligas están na versión para móbil e no ordenador se visualizan así, é mellor que poñas a ligazón á versión de ordenador, que os móbiles xa se adaptan a ela.
    Para instalar un programa de captura de pantalla, en linux temos o gtk-recordmydesktop que vai ben abondo.
    Moito traballo e moi bó.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Comentario sobre ROMWE

PROXECTO FINAL III

FABIAN SHOW