WEB

 Este trimestre estivemos a traballar co deseño web e entre un dos requisitos que se nos pedían era incluír na nosa páxina algo totalmente novo e diferente ao que se nos viña pedindo. Eu entre outras cousas fixen estas dúas:
  • ♥ : Este corazón é unha das cousas que lle añadin. Para facelo basta con mirar na táboa que nos mostra a web W3schools, que nos axudará con todo o demais.

  • A segunda cousa é a que máis me gustou e trátase dun xerador de excusas para decir "non" a algún plan. Toda a información que precisamos témola na seguinte web, de todas maneiras vou explicar un pouco para qué serve cada cousa. 
    Aquí abaixo explicarei soamente esta segunda cousa, o xerador de excusas, pois a outra só é coller o código do símbolo que queremos na web e copialo, non ten máis ciencia.
 O que poñemos no index son o título e asignámoslle un nome con id a determinadas cousas para que logo no styles cumpran co que lles pidamos. Na páxina de axuda tamén lle poñen de donde procede a imaxen que utilizan como fondo pero eu omitin esta última parte porque lle puxen unha imaxe propia. Se o queredes facer da outra maneira, só debedes poñerlle a ligazón da orixe da imaxe que empregades. Aínda que non é necesario se non facedes un titorial para alguén.
  No styles vai o nome da foto de fondo, as funcións para cada tipo de letra, ou aos textos que antes lle puxemos o id para que cumpriran ditas funcións, a información para o botón, e as do texto das excusas. Por exemplo, cómo é a sua posicion, que tipo de letra empregan, etc. 

 Por último temos que crear un novo documento co nome de excuses.js e alí poñer o texto que nos ven para este documento na páxina de axuda. Na primeira parte vai a persona que realiza a acción,  na segunda o que a  fai e na terceira o lugar no que desenvolve a acción. Por exemplo: Miña nai levoume ao zoo. Nestas tres partes deben concordar todas as palabras de todas as formas posibles porque vanse a escoller desordenadas. Esto funciona collendo unha palabra de cada parte ao azar.
 Outra cousa interesante deste xerador é que aínda que reduzas a páxina, a imaxe escálase e non se modifica o tamaño desta. Eu esto non o conseguín facer por moito que peleei pero porque vós non probades? Xa me contaredes o resultado.
Quería subirvos o meu resultado final mais non me deixa,  outro día volverei a intentalo. 
O do exemplo é un xerador de excusas para non levar os deberes, o meu para decir non a algún plan que che propoñan pero vós podedes dar renda solta á imaxinación e poñerlle outra cousa.
Seguide a probar co deseño web!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Comentario sobre ROMWE

PROXECTO FINAL III

FABIAN SHOW