PORTADA GIMP

 Estas semanas estivemos creando unha portada inventada por nós mesmos. Eu inspireime nun libro que lera fai uns meses e que me gustara moito porque facía unha reflexión sobre as metas, os soños, ect.
 Está feito en varias capas. Ten unha capa donde se atopa o fondo dunha galaxia, outra ten unha bailarina e unha última ten unha especie de explosión de colores. Despois, tamén ten as capas do texto. Unha co autor, outra coa editorial e outra co título do libro.
 É preciso ter en conta algúns pasos a seguir:
1.A imaxe resultante ten que ser de 1754x1240 px apaisado ou o contrario en retrato.
Así que empezamos escalando a imaxe do noso fondo de maneira que se adapte a ditas características.
2. Abrimos a seguinte capa que é a explosión de colores e recortámola coa ferramenta de recortar e recórtamola e posteriormente facemos o mesmo abrindo e recortando a capa da bailarina.
3. Aplicamos algún filtro ó noso gusto. Eu apliquei unha difuminación, e algúns outro efectos.
4. Poñemos o título, o autor e a editorial. As letras do gimp poden non gustar asique podemos descargar algunha noutra parte.
 E xa está! Só fai falta un pouco de imaxinación e un pouco de tempo!
Abaixo deixo as fotos que utilicei e os resultados! Tamén deixo esta ligazón por se o queredes modificar. Sorte e a experimentar!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Comentario sobre ROMWE

PROXECTO FINAL III

FABIAN SHOW